lunes, septiembre 03, 2007

Penelope perde novelo nove

Esta es la segunda parte del artículo "Un regalo inesperado", puesto que es la contestación de Alvaro Cunqueiro al poema de Xohana Torres. A parte de ser apreciado por su talento con la pluma es además querido por ser vecino de mi amigo Keltoi (a ver si la próxima es una de tu puño y letra...como en los viejos tiempos ;) )



Penelope perde novelo nove

Pende en que pende Penélope pensativa
perde novelo nove novamente canto.

Ese rostro que ás augas envexando
como sorrí tecendo cando o vento:
ás augas como sorrí envexa que tecendo
ese rostro en que pende que amañeza.
Cando o vento o novelo novelovento leva,
―os longos dedos que naceron frautas
na boca de Ulises, cando namorado.
Digo que os longos dedos non resisten
os pos do vento que nas oliveiras,
os longos dedos que solprendidos dicen
novelovento, novelo nove pido,
o meu corazón tecendo mar e soño
baixo esa ponte de ignorados ríos.

¡Ouh Venus!, ¿onde camiña o fío revoando
que as miñas brancas pernas amorosas,
onde os muíños, onde o vento xira,
canles por onde o vento pasa, pisa?
Dígoche Venus por cómaros, valados,
rocas, camiños, pontes, asubíos,
ese fío é un rostro que sorrí tecido:
lembrándome agora estou que no novelo
nove os beizos cando se pregan falan.
¿Soamente dicen que cando ven a sede
polas celestres pontes desas illas?

ÁLVARO CUNQUEIRO (HERBA AQUÍ OU ACOLÁ)

1 comentario:

Oscar dijo...

Unha simple nota ao pe para rectificar:
O poema de Cunqueiro é o orixinal e quen responde é Xohana Torres, dado que Cunqueiro fala só da abnegación de Penélope (por extensión da muller, de todas as mulleres). Xohana contesta dicíndolle que existe a maxia e pode ser de todos/as asi que reivindica ou reclama poder navegar como Ulises (as mulleres tamén poden gozar da maxia). Por iso me gusta tanto o poema de Xohana. Porque di que Nós Tamén Navegar (Todos Nós)