martes, abril 15, 2008

Momentos Culturales II: "Un acto cheo de honra, de pobo, de rebeldía"

Hace unos días os anuncié que estaba organizando un amigo mio en Padrón un evento para conmemorar los 50 años de la coronación poética de Ramón Cabanillas el pasado 12 de Marzo.

Hoy he recibido un correo de Keltoi dónde me ha hecho un resumen de lo acontecido (eso si en gallego...pero es fácil,eh?)y a continuación os lo copiaré. A parte os dejo la reseña en prensa os la dejo aquí.





Un acto cheo de honra, de pobo, de rebeldía:

As Redes Escarlata, son algo e non son nada: Unha rede de xente con sensibilidades diversas, con momentos de lucidez e con moita galvana. Pero en actos como o de Padrón, ponse de manifesto a eclosión do pobo galego, e as Redes Escarlata sabén manterse ao nivel que esixen as circunstancias.

Cumpríase o cincuenta aniversario da coroación de Ramón Cabanillas (Da Terra Asoballada) como Poeta da Raza, como lle alcumara Antón Villar Ponte en 1918, título do que non gustou nunca pero que no 1958, velliño e soportando unha enfermidade que o enterraría, aceptou ainda que tirou a coroa nada máis serlle encomendada. Pero o acto non tiña nada de casual, ...ou si. Aquel día de Pascua de 1958, Camilo Agrasar, profesor da Universidade Compostelana, tiña previsto realizar unha ofrenda a Ramón Cabanillas, e de paso homenaxear a Raza. Algo que, supoño, ao réxime franquista, ainda en plenitude, non desgostaría de primeiras. Pero Camilo Agrasar non pudo asistir finalmente e apareceu por alí o Mestre, don Ramón Otero Pedrayo que improvisando un discurso de máis de media hora soubo coma ninguén homenaxear non só a Cabanillas, senón a Rosalía, a Curros Enríquez (había poucos días que se cumprira o 50 cabodano do seu falecemento) e ao conxunto do Galeguismo. Foi unha ofrenda e unha homenaxe ao Pobo Galego a través da memoria dos seus poetas.

Don Ramón Otero Pedrayo soubo conxugar un acto que podía tranquilamente pasar desapercebido a defensa da historia e da cultura galegas e homenaxear a todo aquilo que o réxime non toleraba. Foi un acto preo de referentes ao propio, unha defensa da dignidade do pobo, feito precisamente en Galego, nun intre no que se arriscaba a ser censurado, desposuído da súa cátedra na Universidade e probabelmente multado. Constanos, e así nolo ensinou Xosé Luís Méndez Ferrin (presente no acto do 1958 con apenas 20 anos), que o Mestre, Otero Pedrayo, tivo máis dun problema co réxime antes e despois do acto. Pero non calou. Nas súas palabras encetou unha revolución cultural pausada, con tímidos resortes, pero inapelábel, que deu lugar a un renacer (tan só cultural, todo hai que dicilo) da lingua e da cultura Galega a pesar de Franco.

O acto do sábado en Padrón valeunos a memoria: Non era a Páscua en Padrón, non tiñamos o Espolón cheo de xente, como naquel día hai cincuenta anos, pero foi igualmente emotivo. Non puidden evitar que se me puxese a pel de galiña ao facermos a ofrenda floral a Rosalía diante da maxestosa estatua que Francisco Asorey lle adicou hai cen anos. Nin puiden evitar que unha bagoíña caíse cando X. Antón Laxe tocou o himno galego mentres os douscentos asistentes marmurabamos as oito estrofas de "Os Pinos", cada un ao seu ritmo, cada un na súa voz, como se fosemos o "escuro arume harpado" lenemente ondeando con "monótono fungar". Mesmo non faltou a choiva, unhas pingotas mansiñas escorregando por entre as follas dos pradairos do Espolón que semellaban integrar a paisaxe, co Sar detrás, facendo máis grises e máis altas as pedras do Convento do Carme ou o "pedrón", ara Romana que disque serviu de ancoraxe para a chalana de pedra que trasladou ao Santiago a Galiza.

Unha hora despois e co acompañamento de pasados, presentes e futuros lembramos aos poetas, ao bardo dos Agraristas (Ramón Cabanillas), a Rosalía, a Curros Enríquez. Teño que confesar que me sentín unha miguiña apabullado por estar lendo algo meu na terra onde a Poeta da Nación, da Matria (tiña que ser muller), compuña as bases do que somos hoxe. Sentir a Rosalía perto: A Señora (a Santa, NON, a Santa NON, que dicía Angueira, condutor do acto), a voz do Romantismo Occidental, que recoñecen en Cambridge e en Harvard, mentres a literatura española e a galega seguen a chamarlle chorona, santa, enferma... Ver a Rosalía e mesturarse coa Terra: "Miña Terra, miña terra, terra onde m'eu criei, hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei" Foi do máis emocionante que vivín como poeta, como modesto criador de espantos. Verse acompañado de Aurora Vidal, neta do propio Cabanillas e tamén presente no acto de 1958, cando contaba con 23 anos, de Anxo Angueira, criador da Pensa nao, director do acto e un dos mellores coñecedores da Literatura Galega, de Paco Fernández Rei, Académico da Língua, de Isaac, de Xabier, de Elvira e Santos, de Vili, de Iago, de tantos que conformamos as Redes Escarlata e que somos un todo e non somos nada, pero ainda nos queda a rebeldía...

Keltoi. 14/04/2008

No hay comentarios: